42
O Concello de Muxía organiza o Campamento Emociónate 2023, unha actividade para axudar ás familias do municipio a conciliar nesta tempada estival.
Este campamento vai dirixido a nenos e nenas empadroados en Muxía. de entre 3 a 16 anos (nados entre 2007 e 2020), e terá lugar do 10 de xullo ao 4 de agosto, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Os criterios de selección serán:
- Familias monoparentais
- Ambos proxenitores empregados
- Nivel de renda
As persoas interesadas poderán realizar a preinscrición do 26 de xuño ao 6 de xullo no departamento de servizos sociais do Concello de Muxía (planta baixa da casa consistorial).