Muxía organiza un campus de fútbol sala de verán para nenos e nenas de 5 a 12 anos

1 minutes read

O Concello de Muxía organiza o campus de fútbol sala de verán, destinado á rapazada de entre 5 a 12 anos (nados entre 2011 e 2018) empadroada no municipio.
O campus levarase a cabo do 3 ao 28 de xullo, en horario de 10:00 a 13.00 horas, no polideportivo municipal. 
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no ximnasio municipal antes desde xoves 29 de xuño (no caso de ter máis demandantes que prazas farase un sorteo público o venres 30 de xuño, ás 10:00 h).
As inscrición terán un custo de 15 euros e no caso de máis membros da unidade familiar, serán 6 euros por cada nova inscrición.