Muxía participará no Galicia Fórum Gastrómico cun stand propio

1 minutes read

O Concello de Muxía estrearase, por vez primeira, no Galicia Fórum Gastronómico e instalará un novidoso stand propio para promocionar o produto local e a imaxe turística da vila.

O alcalde, Iago Toba, foi unha das persoas invitadas á presentación do evento que tivo lugar no Museo Estrella Galicia MEGA da Coruña. Alí, foi recibido pola directora do Galicia Fórum Gastronómico, Ana Trevisani, e polo director do programa Galicia Fórum Gastronómico, Pep Palau.

A cidade herculina acollerá, do 7 ao 9 de abril, esta IX edición do Galicia Fórum Gastronómico, unha cita referencia na comunidade que contará coa presenza de 25 estrelas Michelín e que terá como tema central este ano a despensa atlántica.

Como principais novidades, esta edición incorpora un Cheese Fórum, a recuperación da parte de gastronomía doce ou a celebración do Primeiro Concurso de Empanada de Galicia.

A presenza de Muxía no Fórum verterase a través de tres eixos definidos; o produto local relacionado coa historia de Muxía, no que poñerase en valor o percebe e o congro seco, dando notoriedade tamén á Asociación do Percebe da Barca.

A imaxen turística, no que se tratará a vila da Barca como destino de calidade e enclave de referencia de turismo sostible e respectuoso co medio ambiente.

E a calidade hostaleira, da que se dará difusión nunha cita que congregará a 25 estrelas Michelín e no que servirá de plataforma de lanzamento e promoción do talento dos mellores cociñeiros e cociñeiras galegas.