O executivo propuxo, na sesión plenaria celebrada o pasado mes de maio, a aprobación desta fase que hoxe é una realidade, a que non asistiron os representantes da oposición, por tanto, non se puido someter a votación, afirmaba o alcalde Iago Toba, quen destacou alegrarse de pechar o ano cunha promesa feita realidade, a pesar dos intentos da oposición de retrasar esta actuación non votando en maio, «unha demanda histórica e propoñendo máis intervencións de relevancia”, matizou.
Tras este “paso de xigante”, Toba sinala que “se trata para nós dunha gran alegría que a veciñanza observe que as promesas non eran papel mollado, como argumentaban os grupos da oposición”, senón que “se trata dunha realidade ligada ao investimento feito, acorde á necesidade que ten Suxo dun servizo de primeira necesidade”, concluíu.
Propostas do goberno para o POS 2024
Paralelamente, o goberno de Muxía propoñerá á oposición diversas intervencións a incluír no seguinte POS 2024, obras tan importantes como os camiños interiores de Merexo, a terceira fase de Frixe coa depuradora, a segunda fase de Sorna ou o arranxo de varias vías como Cebráns, entre outras actuacións.