Muxía poñerá en valor toda a riqueza da súa costa a través da Asociación de Percebeiros da Barca

Concello de Muxía

  • O alcalde, Iago Toba, fixo entrega do maillot acibeche ao representante da asociación, Santiago Pérez Haz

Este verán, a Asociación de Percebeiros da Barca comezará a desenvolver unha acción para poñer en valor toda a riqueza natural, pesqueira, turística e ambiental da costa muxiana. Isto é posible grazas ao apoio do Concello, do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte, da Consellería de Pesca e da Unión Europea.

O alcalde da localidade, Iago Toba, fixo entrega este venres dun maillot simbólico ao representante da asociación, Santiago Pérez Haz, que despois de recibir o obsequio asegurou que moi pronto poderemos coñecer as bondades e vantaxes do «ouro do atlántico».

O rexedor destacou «a importancia para o pobo de Muxía que a Asociación de Percebeiros da Barca leve o nome da nosa vila por todo o mundo e faga que nos sintamos, se cabe, aínda máis orgullosos do noso patrimonio e riqueza natural».

Toba tamén quixo aproveitar as vésperas da celebración da proba do Gran Fondo do Ézaro 2021, que pasará este domingo pola vila da Barca, para anunciar o lanzamento dunha gran iniciativa que se descubrirá nas vindeiras datas.