Muxía prepara o «Campamento Pekebarca» a tan só unhas semanas da súa gran romaría

1 minutes read
  • Celebrarase durante os días 7, 8 e 9 de setembro e o prazo de inscrición remata o vindeiro día 4

Como xa se viña predicindo e anunciando, finalmente a gran romaría da Virxe da Barca de Muxía non poderá celebrarse debido á actual situación sanitaria que estamos a vivir, pero o Concello segue apostando porque os máis pequenos gocen duns días diferentes e amenos organizando o Campamento Pekebarca, enmarcado dentro do programa «Setembro infantil».

As actividades están previstas para a rapazada de 5 anos en adiante e as prazas será limitadas, polo que será necesario formalizar a reserva chamando ao número 981 742 001 antes deste martes 4.