O Mercado dos Roteiros do Mar é unha festa que organiza o pobo de Muxía para celebrar a súa tradición e cultura mariñeira e gozar coa gastronomía, os oficios, a música, os aparellos do traballo. E sen esquecer a cultura do campo que desde séculos uniuse ao traballo do mar para manter a vida dos veciños. É un acontecemento que dura varios días de agosto e celébrase todos os anos.
Ata o día 24 de xullo o Concello ten aberto o prazo de inscrición para participar no XIII Mercado dos Roteiros do Mar de Muxía. As persoas que queiran poñer un posto, deberán anotarse no Concello, no departamento de Cultura da planta baixa, comunicando en que consistirá devandito posto. Rematado o prazo, terá lugar unha reunión coas persoas anotadas, o venres, 26 de xullo ás 13:00 horas, no Salón de Plenos .
O mercado dos Roteiros do Mar é unha reflexión espontánea e sinxela dos veciños de Muxía sobre aquilo que os fai ser quen é e que se lle ofrece ao visitante ou turista para que os coñeza e goce con eles. Ao mesmo tempo é unha paréntese na vida cotiá que convida a esquecerse dos problemas diarios para perderse polas rúas da vila e fundirse no seu ambiente festivo e alegre.