35
- O propósito deste documental é amosar a historia da vida das mulleres do rural, e particularmente do rural muxián
O Concello de Muxía comezou os preparativos para participar no proxecto audiovisual da Deputación da Coruña con título ‘O rural de todas’; un proxecto interxeracional que arrincou este mércores coa sesión informativa no Salón do Voluntariado.
Entre os obxectivos deste proxecto destacan a creación dun documental colaborativo sobre a historia de vida das mulleres de Muxía no rural e sensibilizar á sociedade sobe a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch acudiu á presentación, onde falou coa mocidade que participará neste «ilusionante proxecto».