Muxía vístese de gala para acoller durante esta fin de semana a XV edición do Mercado das Rutas do Mar, a máis grande desde o seu comezo, cunha programación chea de música e gastronomía.
O alcalde, Iago Toba, presentou o cartel xunto á concelleira de Cultura, Olalla Benllonch, no escenario da propia feira, facendo unha chiscadela á veciñanza.
Toba destacou que “facer a presentación da festa na rúa é un aceno a todos os veciños e veciñas que se implicaron para poder sacar este evento tan importante para o noso municipio adiante”.
Esta nova edición contará con máis postos no mercado, alongando deste xeito o percorrido da feira, e ampliarase a oferta cultural, con espectáculos de compañías de teatro recoñecidas a nivel internacional e con máis de 10 grupos de música tradicional por día.
Promo do evento.