A axenda ábrese coa representación sobre os Naufraxios, o día 6 na Punta da Barca, e o día 20 na Praia de Nemiña, a partir das 22:30 horas. Esta actividade está organizada por Aantena.
O día 10 AsSircópatas interpretarán “Rogelio, un payaso en recuperación”, a partir das 20 horas no Paseo Marítimo de Muxía.
Os días 12 e 13 de ese mesmo mes terá lugar o XV Mercado das Rutas do Mar.
O día 17 será a quenda do Mago Antón e o seu espectáculo ‘Mil Maxias Mais’. Haberá tres representacións en Muxía, ás 19:00 h, ás 20:00 h e ás 21:00 horas; e outras dúas actuacións en Muños ás 12:00 h e ás 13:00 h.
O día 24 celebrarase a festa infantil MuxiUP, a partir das 17:00 h, con inchables, pintacaras e moitas sorpresas máis, no paseo marítimo.
O mes de agosto péchase, o día 26, co concerto de Sons Barrocos e o seu “Afecto y desdén”, ás 20:00 h no Monasterio de Moraima.
O mes de setembro comeza coa obra de teatro “Un alto no camiño”, a cargo da Escola municipal de teatro de Muxía. Terá lugar ás 21:00 h no Salón de actos do Voluntariado. Será preciso anotarse no Concello ou no número de teléfono 981 742 001.
Os días 4, 5, 6 e 7 de agosto a rapazada poderá desfrutar do Campamento Peke Barca, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As inscricións poderán realizarse no Concello – no departamento de Servizos Sociais – do 4 ao 11 de agosto.
Exposicións
Paralelamente poranse a disposición da veciñanza e dos visitantes 3 exposicións interesantes de carácter artesán.
Durante o mes de xullo e agosto estará aberta ao público a exposición de artesanía local na Casa das Beiras, en horario de 10:30 h a 14:30 h e de 17:30 h a 20:30 h.
Desde o 5 ao 14 de agosto, na sala da Camposa, poderase ver a mostra de modelos navais elaborada por Francisco Javier Lago Vilela “Paco”. Estará aberta ao público de 10:00 h a 13:00 h.
Do 1 ao 20 de agosto poderase ver na Biblioteca municipal a exposición de artesanía de Antonio Fraguas, financiada pola Deputación da Coruña. O horario de visitas será de 9:30 h a 13:00 h e de 16:00 h a 19:30 h de luns a venres.
Xadrez na rúa
Ademais, durante estes dous meses realizaranse a cabo diferentes actividades para poder aprender e xogar ao xadrez polas rúas de Muxía.