Muxía presenta ‘Móvete’ | Programación cultural e deportiva para este novo curso

2 minutes read

O Concello de Muxía deu a coñecer a programación cultural e deportiva ‘Móvete!’ para esta nova temporada 2023/2024.

Este completo compendio de actividades darán comezo a partir do vindeiro mes de outubro e haberá propostas destinadas para todo tipo de público e de idade, no que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Os trípticos comezarán a repartirse nos colexios da vila durante a vindeira semana.

As persoas interesadas poderán inscribirse no ximnasio municipal de Muxía ata o 28 de setembro, de luns a venres en horario de atención ao publico. As prazas serán limitadas e para que unha actividade poda dar comezo será requisito indispensable que haxa como mínimo 10 inscricións en cada unha. No caso de que o número de demandas supere a oferta farase un sorteo público entre as persoas inscritas.

Tras a presentación, o concelleiro de Deportes, Felipe Vilela, destacou “a gran variedade desta programación que ten como principal obxectivo apostar polo deporte da nosa vila, favorecer a organización e conciliación das familias de Muxía, así como as relacións sociais dos nosos maiores”.

As actividades culturais abranguen teatro, talleres de estimulación cognitiva e taller de manexo de teléfonos móbiles, todas elas destinadas a público adulto.

En canto ás escolas deportivas a oferta inclúe fútbol sala, fútbol, tenis de mesa, iudo, patinaxe, psicomotricidade e balonmán. Ademais, para as persoas adultas haberá ximnasia de mantemento, pilates, GAP, Spinning e tonificación.

As actividades de baile serán baile latino e salón para maiores de 18 anos, e para a rapazada a programación incorpora iniciación á danza e baile moderno.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?