O Concello de Muxía lanza o seu programa de ‘Concilia Entroido’, unha aposta lúdico educativa durante os días festivos do entroido e destinada á rapazada de 3 a 12 anos do municipio (4º E.I. a 6º E.P.).
Este programa de conciliación familiar está baseada na realización de obradoiros de Entroido onde se levarán a cabp distintas actividades tales como manualidades, elaboración de receitas típicas, xogos, tradicións, baile, entre outras.
As actividades teñen prazas limitadas e desenvolverase durante os días 20, 21 e 22 de febreiro en horario de 11:00 a 13:00 horas no edificio de Servizos Múltiples. As persoas que o desexen poden realizar as súas inscricións no CIM do 6 ao 15 de febreiro. Ademais, habilitarase toda a información necesaria a través do enderezo electrónico cim@muxia.es e o teléfono 981 70 85 95
O obxectivo destes obradoiros é fomentar a participación e a integración mediante o xogo, facendo fincapé na educación nos valores do respecto, a tolerancia, a cooperación e a igualdade. Todos os contidos e as actividades son deseñados desde unha perspectiva de xénero que potencia a loita contra os estereotipos e favorece a coeducación.
A concelleira de Cultura e Educación, Olalla Benlloch, agarda que as familias de Muxía se sumen “a esta aposta lúdico educativa que favorece a conciliación familiar nestas datas festivas ao mesmo tempo que fomentan a integración e educan en valores aos máis pequenos mediante o xogo”.