Muxía| Presentación da obra “Lugar de incendios”, de Paco Souto e Serxio Moreira

Imagen del cartel de la presentación

  • ACTUALIZACIÓN: este evento foi aprazado ata novo aviso

Muxía acollerá a presentación da obra ‘Lugar de incendios’, un libro-cd de Paco Souto e Serxio Moreira que conta coa participación de Emma Abella e Rosalía Fernández Rial. O acto, previsto para o sábado 24 de abril, foi aprazado ata novo aviso.

O volume recolle o espectáculo poético musical que o literato desenvolveu ao longo de 2009 xunto ao músico Serxio Moreira. A obra tamén inclúe máis dunha decena de poemas do escritor, ademais das biografías dos autores e un epílogo a cargo de Emma Abella.