Muxía prohíbe desde este xoves que os autobuses aparquen na contorna do Santuario

Cedida

  • Tampouco poderán circular pola rúa Virxe da Barca, debendo estacionarse os vehículos na explanada do porto.
  • Como excepción, se a meirande parte dos usuarios teñen unha discapacidade física poderase solicitar unha autorización sete días antes.

A partir deste xoves, e ata o mes de outubro, en Muxía queda prohibida a circulación e o estacionamento de autobuses na rúa Virxe da Barca así como na contorna do santuario, tal e como se describe nun bando municipal. Os autocares deberán aparcar na explanada do porto.

No bando tamén se destaca que, por circunstancias especiais e cando a meirande parte dos usuarios deste tipo de vehículos teñan unha discapacidade física, poderase solicitar con sete días de antelación a correspondente autorización mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo policia.local@muxia.es.