Muxía propón un POS centrado no reforzo dos servizos sociais e na mellora do rural

2 minutes read

O Goberno local de Muxía está ultimando os detalles para a súa proposta do plan de obras e de servizos a incluír no POS 2024, con dúas liñas claras de actuación: a mellora dos núcleos rurais e financiar a licitación do servizo de axuda no fogar (SAF).

O executivo propón un proxecto de consenso entre os grupos da corporación municipal, así como tamén ás necesidades e circunstancias actuais do Concello. Considera prioritario e “esencial” resolver a situación do SAF e plantexa dedicar parte dos fondos a financiar a licitación do servizo.

Plan de obras que recolle a terceira fase de Frixe

En relación ás obras e actuacións, o equipo de Goberno tamén propón, segundo afirma, “un plan no que se escoitou as demandas de toda a corporación e que esperamos que causen en todos os grupos unha aceptación unánime”.

Plantexa, entre outras, a mellora da entrada de San Martiño a Añobres a través de dúas fases, unha de máis de 57.000 euros e outra de máis de 172.000 euros. A substitución dunha senda en Lago, que conta cun investimento de máis de 32.000 euros e a mellora da entrada ao núcleo de Merexo, con acceso ao lugar interior e pista paralela, cun investimento de máis 159.000 euros.

No plan vai incluída a terceira fase da actuación en Frixe, por valor de máis de 155.000 euros que se incorpora ao investimento histórico que se está a realizar no núcleo, así como a instalación dunha pista polideportiva de Quintáns, que ten un investimento previsto de máis de 45.000 euros

“Esta proposta de plan de obras e servizos está centrada en dúas liñas de traballo prioritarias para este goberno, a mellora dos núcleos rurais do municipio e investimento e aposta polos servizos sociais”, rematou o rexedor, Iago Toba.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?