Muxía proporá uns orzamentos do ano 2024 para ‘protexer a economía das familias’

Ante a actual situación socioeconómica e a suba de prezos xeral, o equipo de goberno de Muxía centra e prioriza a organización económica do vindeiro ano no “coidado das familias” e para iso propón a subida cero de impostos neste exercicio para non acentuar máis esa merma económica familiar.

Nesta proposta, o goberno local busca o encaixe equilibrado en manter e mellorar servizos importantes como o coidado dos maiores e dependentes contemplando mais de 500.000 euros para licitar un servizo fundamental.

Tras presentar esta proposta, o alcalde, Iago Toba, destacou que “hai fórmulas para non repecutir esta suba xeral do nivel de vida directamente no veciño ou veciña, sobre todo en situacións como as que agora circunstancialmente vivimos. Este goberno propón axustar gastos, combinalo con ingresos fixos doutras administracións e sobre todo non mermar servizos”.

Engade que “sería fácil, rápido e efectivo facer unha suba dos impostos despois dunhas eleccións municipais, pero consideramos que o fácil, neste caso, é inxusto coa situación que viven as familias. Puidendo buscar a administración local unha financiación alternativa circunstancial, preferimos recurrir a esta tese”.

O grupo de goberno trasladou esta proposta á oposición na mesa de traballo realizada, que continuará nos vindeiros días, para chegar ao maior consenso posible e sumar apoios nas contas e na proposta que se presentarán en pleno. «A premisa innegociable é que non haxa suba de impostos municipais», destacan desde o executivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha