Muxía proxectará a película «María Solinha» o próximo xoves día 10

1 minutes read
  • Está previsto que se celebre na praza Cabo da Vila e o aforo completarase por orde de chegada dos espectadores

O Concello de Muxía acollerá a proxección do filme María Solinha o vindeiro 10 de setembro ao aire libre na praza Cabo da Vila, sendo aconsellable pola administración local levar roupa de abrigo. O aforo completarase por orde de chegada dos espectadores.

Na obra, con autoría de Ignacio Vilar, realidade e ficción mistúranse para construír unha película que ‘non é unha historia de mulleres, senón unha historia de amor que trascende o xénero’. O director fará a presentación da súa obra media hora antes do comezo da proxección, ás 21:30 horas, e ao remate haberá un coloquio con Vilar.