Muxía recibe un desfibrilador doado pola Asociación Profesional do Percebe da Barca

1 minutes read

Este instrumento, un dos máis avanzados do mercado, será instalado no polideportivo municipal e servirá para atender posibles casos de insuficiencia cardíaca detectados tanto en adultos como en nenas e nenos.

O edil de Deportes e Asociacionismo, Felipe Vilela, agradeceu “o compromiso e o sentimento de pertenza que ten a Asociación do Percebe da Barca coa nosa vila” e indicou que “o Concello de Muxía sempre terá as portas abertas para traballar e colaborar conxuntamente con calquera asociación ou organización, en busca do beneficio do noso municipio”.

Ao acto de entrega tamén acudiu o presidente dos percebeiros muxiáns, Santiago Pérez Haz, que destacou que “coidar da saúde das nosas xentes e de quen nos visita é o obxectivo fundamental da nosa asociación”.

Haz rematou indicando que “coidamos a dieta das xentes colleitando o ouro do Atlántico, coidamos a súa forma física habilitando a Ruta do Percebe Da Barca pola nosa costa e agora queremos axudar a preservar a integridade de todas e todos regalando esta ferramenta que pode salvar vidas ao noso pobo”.

O rexedor, Iago Toba, tamén quixo destacar “a coordinación entre institucións como eixo principal deste grupo de Goberno“, así como agradecer “o xesto e a xenerosidade por facer chegar a Muxía este material tan útil e que pode salvar vidas”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?