Muxía reforza a plantilla da Policía Local coa incorporación dun novo axente

O alcalde de Muxía, Iago Toba, acompañado polos concelleiros, Olalla Benlloch e Javier Romar, recibiron este martes na Casa do Concello ao novo axente da Policía Local, Yago Martínez Soto.

Tras a toma de posesión comezará a súa formación na academia para incorporarse como Policía Local en practicas este verán. Despois doutro período de formación, quedará en Muxía como membro oficial do corpo de Policía Local de Muxía reforzando así o servizo diario.

O rexedor destacou “o compromiso e a posta firme do goberno pola seguridade do municipio” e desexoulle ao novo integrante “unha gran benvida e a mellor das sortes para ofrecer o mellor servizo á veciñanza”.

Tamén agradeceu “á Policía Local de Muxía a súa adicación e entrega ao traballo que realizan a diario na vila”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha