- Desenvolveranse os sábados 23 e 30 no edificio de Servizos Múltiples
O Concello de Muxía organiza para os últimos dous sábados deste mes de abril obradoiros de tecnoloxía para a rapazada de entre 8 e 15 anos. Terán lugar no edificio de Servizos Múltiples.
A primeira quenda será este sábado 23 e a segunda o seguinte, día 30. Ambas xornadas contarán con dúas sesións: a primeira de 10:00 a 11:30 h, para os nenos e nenas de 8 a 11 anos, e segunda de 12:00 a 13:30 h para os rapaces e rapazas de 12 a 15 anos.
Nestes talleres os participantes poderán aprender a programar de xeito fácil e divertido; experimentar, investigar e aprender con diferentes actividades sobre programación con Scratch. Tamén coñecerán a intelixencia artificial e os circuítos eléctricos, entre outras moitas actividades.
As persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono 981 708 595, no enderezo electrónico cim@muxia.es ou na oficina do Centro de Información á Muller de Muxía.