Muxía | Retirado un cable eléctrico de dificultaba a circulación no lugar de Morquintián

Bombeiros de Cee.

Os Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Cee, requeridos polo 112 Emerxencias Galicia, procederon á retirada dun cable eléctrico que dificultaba a circulación no lugar de Morquintián, Concello de Muxía. Ao lugar tamén acudiu unha patrulla da Policía Local.