Muxía retoma a Festa dos Maiores coa actuación musical de Pili Pampín

Pili Pampín no programa ' A liga dos cantantes extraordinarios_CF Pili Pampín

  • O evento celebrarase o 28 de maio e o prazo para recoller as entradas remata o 23 do mesmo mes

A Festa dos Maiores de Muxía regresa tras dous anos de parón pola pandemia, e faino por todo o alto. O sábado 28 de maio todas aquelas persoas de 65 ou máis anos (incluídas as pensionadas) teñen unha cita no pavillón municipal para desfrutar dun xantar (14.00 horas) e de varias actuacións musicais con Pili Pampín á cabeza. A comida estará amenizada polo grupo de música tradicional Xaramiños do Corpiño, e pola tarde será o turno da cantante galeg e tamén do Grupo Élite e Manolo Delfín.

A programación inclúe unha misa cantada coa Coral Polifónica Virxe da Barca no propio Santuario ás 11.00 horas.

As entradas deberán retirarse na 3ª planta da Casa do Concello, en horario de 10.00 a 13.00 horas, antes do luns 23 de maio. Será preciso presentar o DNI tanto da persoa asistente como do seu posible acompañante.