Muxía retoma a presentación da obra “Lugar de incendios”, de Paco Souto e Serxio Moreira

Imagen del cartel de la presentación

  • Será este sábado, a partir das 19:00 horas, no Salón de actos do voluntariado

O Salón de actos do voluntariado do Concello de Muxía acollerá este sábado, ás 19:00 horas, a presentación da obra ‘Lugar de incendios‘ despois de ter que ser adiada no mes de abril.

Trátase dun libro-cd de Paco Souto que recolle o espectáculo poético musical que o literato desenvolveu ao longo de 2009 xunto ao músico Serxio Moreira. A obra tamén inclúe máis dunha decena de poemas do escritor, ademais das biografías dos autores e un epílogo a cargo de Emma Abella. Na presentación tamén participará a escritora Rosalía Fernández Rial.

As prazas serán limitadas ata completar aforo.