Muxía retoma as obras de reparación do firme das vías municipais aproveitando o bo tempo

1 minutes read
  • As primeiras actuacións estanse realizando en Senande, Calo, Vilachán, Nemiña, Sorna e Trasufre

O Concello de Muxía puxo en marcha a reparación e reposición do firme en diversas vías do municipio aproveitando a chegada do bo tempo. As intervencións, que xa se iniciaron esta semana, céntranse no selado do firme e noo drenaxe das grandes fochancas provocadas durante as severas inclemencias meteorolóxicas do inverno. As primeiras actuacións estanse realizando nas vías afectadas de Senande, Calo, Vilachán, Nemiña, Sorna e Trasufre.

“Todos estes traballos son esenciais, aparta dunha prioridade para este equipo de goberno», destaca o concelleiro de Obras, Javier Romar, quen tamén aventurou que nos «vindeiros meses levaranse a cabo melloras nas vías e no firme de gran parte do municipio”.