Muxía | Reunión entre o Goberno local e a Deputación para mellorar a rede viaria e peonil

1 minutes read
  • Destaca a recuperación da senda peonil entre Agreiras e Os Muiños

O Goberno local de Muxía reuniuse este luns co deputado de obras na Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, para tratar diferentes proxectos e melloras para o municipio, destacando a recuperación da senda peonil entre Agreiras e Os Muíños.

Na xuntanza, á que acudiron o alcalde, Iago Toba, o concelleiro de obras, Javier Romar e a concelleira de cultura, Olalla Benlloch, tamén se trataron diversas melloras en varios puntos da rede viaria e a evolución de futuros proxectos financiados polo ente provincial. De feito, acordouse a visita en vindeiras datas da Deputación a Muxía para «ver e analizar ‘in situ’ todo o tratado na reunión», destacan desde a Alcaldía.