O Concello de Muxía emitiu un comunicado oficial este mércores no que segundo afirman «informacións non contrastadas que andan a circular no municipio, vémonos na obriga de emitir este comunicado oficial para condenar, de maneira clara e concisa, este tipo de prácticas, que lonxe de supoñer un beneficio para a totalidade de Muxía, supón un perxuízo para toda a nosa sociedade». «Tras a xuntanza mantida entre o director do Parador de Muxía, Julio Castro, e o alcalde, Iago Toba, confírmase a non existencia de casos positivos entre o seu plantel e persoas que empregan os seus servizos, tras achegarse documentación que clarifica a situación», afirman desde o Concello, que ademáis pide «moita prudencia coas informacións que non están contrastadas e que non emiten organismos oficiais, xa que poden producir inquedanza e mesmo dor».
41