Muxía sae ao paso de “informacións non contrastadas” e clarifica que o Parador está libre de virus


O Concello de Muxía emitiu un comunicado oficial este mércores no que segundo afirman “informacións non contrastadas que andan a circular no municipio, vémonos na obriga de emitir este comunicado oficial para condenar, de maneira clara e concisa, este tipo de prácticas, que lonxe de supoñer un beneficio para a totalidade de Muxía, supón un perxuízo para toda a nosa sociedade”. “Tras a xuntanza mantida entre o director do Parador de Muxía, Julio Castro, e o alcalde, Iago Toba, confírmase a non existencia de casos positivos entre o seu plantel e persoas que empregan os seus servizos, tras achegarse documentación que clarifica a situación”, afirman desde o Concello, que ademáis pide “moita prudencia coas informacións que non están contrastadas e que non emiten organismos oficiais, xa que poden producir inquedanza e mesmo dor”.