Muxía será escenario da presentación do documental Camiño Xacobeo Santiago – Muxía por Brandomil

O Salón do Voluntariado de Muxía acollerá este venres, 20 de xuño, ás 20:00 horas, a proxección do documental Camiño Xacobeo Santiago – Muxía por Brandomil, unha iniciativa promovida pola Fundación Brandomil coa dirección de Manuel Rial.
A obra audiovisual ten como obxectivo dar a coñecer unha antiga ruta xacobea que conecta a capital galega coa vila mariñeira de Muxía a través da ponte de Brandomil, no concello de Zas. O documental recolle testemuños de diferentes voces que avalan a relevancia histórica e espiritual deste camiño: representantes municipais, estudosos do patrimonio, membros do clero e expertos en arqueoloxía.
A presentación supón un novo paso na reivindicación desta ruta, xa recoñecida pola Catedral de Santiago como vía válida para a obtención da Compostela. O traballo realizado pola Fundación Brandomil para documentar e poñer en valor este percorrido foi clave para ese recoñecemento oficial.
O evento está aberto ao público e pretende servir de espazo de encontro para todas aquelas persoas interesadas na historia das peregrinacións, no patrimonio inmaterial e na proxección cultural do rural galego.

Related posts

As praias de Malpica únense á iniciativa “Praia Pallet”

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión