Muxía solicita un obradoiro dual de emprego para desenvolver con Camariñas e Vimianzo

1 minutes read

O Concello de Muxía vén de presentar a solicitude á Xunta de Galicia para desenvolver, conxuntamente cos concellos de Camariñas e Vimianzo, un novo Obradoiro Dual de Emprego baixo a denominación de “Camiño ao Emprego 2023”.

Segundo os termos do acordo, o Concello de Muxía será a entidade promotora do Obradoiro, que contaría cun orzamento de 564.629,14 euros, e no que se prevé a contratación de 20 persoas como alumnado-traballador, ademais do equipo directivo e docente encargado da xestión do Obradoiro.

No caso de que a entidade autonómica aprobe esta nova solicitude, converteríase no quinto proxecto de formación e emprego que levan a cabo os tres concellos durante os últimos 3 anos.

Actualmente está en funcionamento o Obradoiro Dual “Camiño ao emprego 2022”, no que participan os tres concellos e que ten como sede o de Vimianzo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?