29
O Concello de Muxía estará representado pola Asociación do Percebe da Barca nesta edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense.
Así, membros da Asociación da vila de Barca realizarán unha degustación o sábado, 12 de novembro, a partir das 14:00 horas no stand da Deputación da Coruña.
Desde o Concello muxián aseguran que “é un privilexio que a Asociación do Percebe da Barca represente a nosa vila a través da gastronomía e supón unha oportunidade para potenciar o turismo gastronómico ligado a un produto tan destacado como é o Percebe da Barca, un auténtico tesouro atlántico”.