Muxía terá reparada a cuberta do Edificio de Servicios Múltiples a finais de outubro

1 minutes read

O Concello de Muxía ten previsto executar durante este verán unhas obras necesarias para reparar os danos da superficie da cuberta dun edificio que leva máis de dúas décadas de uso.

O investimento previsto para estes traballos é de 57.524,30 euros, que non suporán custo algún para as arcas municipais, pois o Concello de Muxía acadou a obtención dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental outorgada pola Xunta de Galicia.

Este edificio alberga o Salón de Actos e o Museo do Voluntariado, despois de que o Concello iniciase un proceso para dotar de actividade á polivalente edificación, que agora verá mellorada as súas condicións.