Muxía | Un vehículo choca cun poste eléctrico en Ozón tras unha saída de vía

Protección Civil Muxía

  • Sucedeu despois da unha da madrugada do sábado para o domingo

Un coche saíuse da vía pasada a unha da madrugada do sábado ao domingo en Ozón, no municipio de Muxía. O incidente produciuse á altura do punto quilométrico 7,4 da estrada comarcal AC-440. O vehículo, que circulaba dirección Vimianzo, acabou colidindo cun poste da liña eléctrica. Afortunadamente, segundo sinalou Protección Civil da localidade, ninguén resultou ferido.

Ata o lugar do sinistro tamén se desprazaron a Garda Civil de tráfico e traballadores do servizo de Conservación de Estradas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha