Muxía, Vimianzo e Camariñas presentan o obradoiro conxunto ‘Camiño ao emprego’

Muxía, Vimianzo y Camariñas presentan el obradoiro ‘Camiño ao emprego’_Cedida

  • O obradoiro durará 9 meses e nel participarán 20 persoas

Iago Toba, Sandra Ínsua e Mónica Rodríguez, alcalde e alcaldesas de Muxía, Camariñas e Vimianzo, respectivamente, presentaron este luns na vila da Barca o segundo obradoiro de emprego conxunto que desenvolveran as tres administracións para darlle oportunidades laborais á súa veciñanza.

No encontro tamén participaron os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos respectivos municipios, que expuxeron os contidos do programa de cada unha das dúas especialidades que se levarán a cabo no marco desta iniciativa: ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.

O obradoiro, que deu comezo este luns, terá unha duración de 9 meses con posibilidade de contratación laboral e conta cun total de 20 prazas: 12 nas actividades correspondentes á conservación e mellora de montes e 8 na promoción turística local e información ao visitante.

Os rexedores destes municipios destacaron que “non dubidaron en unir forzas para conseguir algo que é moi beneficioso para os veciños e veciñas das súas localidades, xa que tamén serve para frear o éxodo cara as cidades”.

Os tres concellos conseguiron unha subvención de 346.846,05 euros para levar a cabo o programa “Camiño ao emprego”, unha formación dirixida a mellorar a cualificación e a inserción profesional das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade. Os asistentes poderán obter un certificado de profesionalidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha