A Deputación da Coruña financiará con 15.000 euros o proxecto da Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) para a diminución do emprego de plásticos de uso común.
A administración provincial outorgoulle a FEGAMA esta subvención, que supón o 70% do orzamento total que ascende a 21.571 euros, dentro da convocatoria dirixida a Asociacións Medioambientais 2020 para realizar actividades que darán a coñecer á poboación da provincia da Coruña a problemática existente cos plásticos de uso común e contribuirán a unha mellora medioambiental
O proxecto subvencionado inclúe a elaboración dunha guía que recollerá unha serie de boas prácticas e recomendacións que logren a diminución destes plásticos. Cando estea rematada, realizaranse xornadas de sensibilización e asistirán a diversas feiras e eventos para dar a coñecer o problema e as boas prácticas xa recompiladas. Finalmente, poñerase a disposición dos cidadáns un punto de asesoramento no que calquera interesado da provincia poderá responder as súas dúbidas. Este servizo estará dispoñible de xeito físico en Arzúa, Muxía, Vimianzo, Santa Comba, Carballo, Melide, Ordes, Ortigueira, Teixeiro e Santiago de Compostela e haberá tamén un formato online e vía telefónica.
Por outra banda, deseñarase unha viñeta na que figuren diversos obxectos de plástico co tempo de degradación de cada un deles, que será serigrafiada nunha bolsa de tea para entregar durante as accións presenciais do proxecto.