Muxía xa conta cun novo camión pluma para a recollida de plásticos agrícolas

Nuevo camión pluma en el Ayuntamiento de Muxía_Cedida

  • O vehículo, adquirido polo goberno local, tamén funcionará como un punto limpo móbil

O goberno local de Muxía adquiriu un novo vehículo para dar máis prestacións á veciñanza en tema de recollida e tratamento de residuos.

Este luns chegou á vila un camión pluma que funcionará como un punto limpo móbil, ademais de dar un servizo de recollida de plásticos agrícolas. Este último farase de forma trimestral e formará parte dunha campaña de concienciación da reciclaxe e de servizos nas parroquias.

O alcalde, Iago Toba, o concelleiro de Medio Rural, Javier Romar e o representante da empresa subministradora, recibiron este novo elemento mecánico que prestará os servizos «totalmente de balde», destacan desde o consistorio.

A adquisición do vehículo logrouse mediante a xestión dunha subvención de aproximadamente o 70% da Xunta de Galicia e o 30% de achega municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha