38
- O evento será este sábado 15 de agosto na Igrexa de Moraime, ás 20:00 horas
O Concello de Muxía acolle este sábado, 15 de agosto, outra presentación literaria. Neste caso trátase da presentación do libro de Xan Fernández Carrera, que leva por título «Moraime. Centro histórico da Costa da Morte», e cuxo acto terá lugar precisamente na Igrexa de Moraime, ás 20:00 horas.
Carrera sempre defendeu que na historia de Moraime está a orixe de moitas parroquias do concello muxián e tamén da lenda sobre a presenza do Apóstolo Santiago por esas terras. «Coñecer a historia de Moraime significa coñecer a nosa propia historia», sinala o autor.
O escritor e mestre está acompañado polo Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o Director do Pobo Galego, Manuel Vilar.