Muxía | Xoán Curiel actuará na igrexa de Moraime no Día de Galicia

Cedida

  • O espectáculo, que comezará ás 20:00 horas, pretende ser unha función íntima e especial nun enclave único

A igrexa de San Xiao de Moraime acollerá o vindeiro 25 de xullo, Día de Galicia, o concerto de Xoán Curiel coa participación de Iris Gey no que interpretarán a obra ‘Treides comigo’.

O espectáculo dará comezo ás 20:00 horas. A entrada será de balde e as prazas serán moi limitadas debido «a que pretende ser unha función íntima, nun enclave único», destacan desde o Concello.

As persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas municipais ou no teléfono 981 742 001, en horario de 9:00 a 13:30 horas.