Na primavera comezará a reordenación da zona da antiga estación de autobuses de Santiago


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que a Xunta comezará en primavera a reordenación da contorna da antiga estación de autobuses de Santiago, cun investimento de 36,2 M€ na cidade de San Caetano e a reforma da rúa Rodríguez de Viguri.

Vázquez Mourelle, xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, achegouse á parcela que durante 50 anos albergou a estación de autobuses da cidade, para informar da licitación, ahora, da 1ª fase das obras da futura Cidade de San Caetano.

A Plataforma de Contratos Públicos da Xunta recolle o inicio da contratación desta obra por 33,8 M€. Este importe, apuntou a conselleira, sumado á redacción do proxecto e outros conceptos subirá ata os 34,6 M€, un investimento público que, por si mesmo, axudará á dinamización da economía e levará aparellados máis de 500 empregos, resaltou.