O 112 Galicia prestou colaboración no operativo creado por Salvamento Marítimo para a localización da tripulación dun veleiro, que foi localizado coa quilla ao sol preto das Illas Sisargas, en Mapilca.
Os rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia tamén participaron nesta busca mediante a mobilización dos recursos aéreos como o Pesca II.
O ocupante do veleiro que apareceu envorcado contra as oito da tarde deste luns na zona de Sisargas foi localizado con vida debaixo da embarcaciòn, trátase dun home de 62 anos que tripulaba o veleiro francés Jeanne Solo Sailor. Tras as primeiras inspeccións, todo parecía indicar que podería haber algunha persoa no interior. Por iso, Salvamento Marítimo enviou ao lugar un equipo de mergulladores, en canto as condicións do mar o permitiron.
Xa durante a madrugada, diversos equipos, por mar e aire, rastrearon a zona sen resultados. Así, desde o 112 Galicia, pediuse o reforzo, igualmente, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Malpica, por se a axuda tamén fose necesaria desde terra.