Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña traballa nun laboratorio de informática e de intelixencia artificial onde utiliza ferramentas para atopar algún medicamento efectivo contra a COVID-19. A súa principal liña de investigación é a de descubrir, entre os medicamentos xa existentes, o fármaco capaz de bloquear o paso das proteínas do virus ás células humanas. Os expertos afirman que, se esta investigación ten éxito, aforraríase moito tempo e moito diñeiro, xa que o proceso sería case inmediato, a diferenza da elaboración dun fármaco novo. Os resultados da súa investigación poñeranos a disposición dos laboratorios farmacéuticos, onde se realizarán as investigacións in vitro.
Na UDC investigan a eficacia de medicamentos xa existentes contra a COVID-19
udc.