Na xornada 2 de 3ª o Bergantiños empata 0-0 e o Paiosaco perde 1-0

1 minutes read

O Bergantiños deixou dous puntos na casa fronte a un Arenteiro moi ordenado que acabou o partido mellor, sumando varias ocasións que puideron desfacer o empate. Antes do descanso os carballeses estiveron mellor: levaron a iniciativa e foron os únicos que miraron cara a portería rival, nunca con puntería. Saíron os dous equipos ao campo ben forrados atrás, con tres centrais, pero con máis precaucións no bando visitante, onde os carrileiros cruzaban a medular só cando era imprescindible, o que non llo pareceu case nunca nos primeiros corenta e cinco minutos.

A segunda metade empezou como a primeira, con outra oportunidade local que non prosperou porque non callou o control de Yelco, moi complicado, polo demais.
E aí mudou o partido. O Bergantinos deixou de apretar arriba para obrigar ao Arenteiro ao balón longo, atrancouse e deulle moito aire ao contrincante, que fixo méritos para o punto co que marchou e quen sabe se para máis. Primeiro avisou Emilio, logo Albertito, máis tarde Fajardo nunha falta directa bastante afastada que non atopou meta por moi pouco.

Paiosaco

O Paiosaco perdeu pola mínima fronte ao CD Estradense tras un penalti pitado no minuto 84 e transformado no que sería o único gol do partido, marcado por Brais Calvo nun encontro bastante igualado.

Así queda a clasificación na xornada 2: