Nace ADECOM, a nova entidade social en defensa da Costa da Morte e os seus veciños

ADECOM_Cedida

A Casa da Cultura de Corcubión foi o lugar escollido pola Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM) para mostrarse ao mundo de xeito oficial. Esta nova entidade social aspira a converterse no referente do seu tecido social e veciñal «xusto agora en que os ataques á nosa bisbarra chegan por mar, terra e aire», en referencia, sobre todo, á loita contra a instalación de parques eólicos na comarca.

Arredor de trinta persoas acudiron a Corcubión en representación dunha vintena de entidades sociais da Costa da Morte, e outras moitas a título particular, para ser partícipes da constitución formal de ADECOM, coa aprobación dos seus estatutos e directiva. A Asemblea estivo conducida conducida por Merche Díaz (O Pindo) e Lorena Suárez (Vimianzo).

Entre os principios polos que se rexerá a entidade destacan a conservación do medio natural da Costa da Morte; a promoción de alternativas sostibles a aquelas actividades industriais e económicas contaminantes xa fixadas; a defensa da idiosincrasia da sociedade da Costa da Morte, os seus valores arqueolóxicos e patrimoniais e as súas expresións culturais; e a loita por servizos públicos de calidade como a sanidade, a educación ou infraestruturas ou a atención ás persoas maiores e con diversidade funcional, así como a infancia.

Asemblea ADECOM