Nace Aitana, a terceira filla de Irene Montero e Pablo Iglesias

Pablo Iglesias e Irene Montero xa son pais por terceira vez dunha nena prematura. Así o confirmou o líder de Podemos nunha publicación en Facebook, onde anunciou que Montero deu a luz no hospital madrileño Gregorio Marañón, por parto natural, antes de tempo como é costume na familia, pero por sorte e grazas á vixilancia sanitaria, foi moito menos impuntual que os seus irmáns. Está perfectamente e pronto virá a casa», refiren ambos os líderes na conta oficial de Pablo Iglesias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha