Nace en Carballo o Laboratorio de emprendemento social e solidario

1 minutes read
  • Este xoves foi presentado o seu programa de actividades que se desenvolverán dende o 18 deste mes ata o 27 de xuño no Fórum Carballo.

Trátase dunha iniciativa pioneira que nace da colaboración entre o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica, e Reas Galicia, a rede de redes de economía alternativa e solidaria. Promover o emprendemento baixo os principios e o modelo da economía social e solidaria, tendo en conta a sustentabilidade ambiental, a defensa da equidade nas relacións económicas, a busca da cooperación, a ausencia de ánimo de lucro e o compromiso coa contorna son os sólidos piares que sustentan o Laboratorio de emprendemento social e solidario.

No acto de presentación estiveron presentes Paula Lema, técnica de Promoción Económica do Concello de Carballo, Helena Sanmamede, que forma parte do equipo técnico de Reas Galicia, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Calendario de actividades: