Nace Espazo Carabullo, un novo local de traballo e creatividade en Cee

CEDIDA

  • Espazo Carabullo pretende ser un punto de encontro para profesionais da zona relacionados coa creación e a tecnoloxía

Cee quere seguir medrando como un concello moderno, e afortunadamente hai locais e entidades que perseguen crecer na Costa da Morte, como é o caso de Espazo Carabullo, un novo local situado na Avenida de Fisterra (Cee), onde a creatividade e o traballo compartido serán as bases para afrontar a falta de espazos para traballar, conseguir un aforro nos custes, contar con equipamentos comúns e combater a soidade laboral dos traballadores autónomos.

O Espazo Carabullo ten a vocación tamén de ser un punto de encontro para profesionais da zona, estando aberto a todo tipo de iniciativas que se poidan desenvolver nel (presentacións, charlas, cursos, etc.), e arranca como sede de catro proxectos, aínda que está aberto á incorporación doutros profesionais interesados en desenvolver a súa actividade nun entorno comunitario e de colaboración.

Polo de agora xa teñen na súa axenda dúas actividades relacionadas co márketing e a comunicación en redes sociais que terán lugar a finais de setembro e principios de outubro, aínda que haberá máis actividades nos vindeiros meses.

Entre algúns dos profesionais que se atopan xa dentro de Espazo Carabullo sobresaen o recoñecido fotógrafo Marcos Rodríguez, o experto en comunicación Javi Mosquera (JaviMos), o diario dixital Que Pasa na Costa e a axencia de comunicación Arela. Comunicación Sostible.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha