Nace “Muxía hoxe e pasadomañá”, a nova revista satírica sobre o turismo e o despoboamento

1 minutes read
  • O proxecto foi seleccionado na convocatoria Iniciativa Xove, da Xunta de Galicia

A xuventude de Muxía segue traballando e reivindicando temas que están moi de actualidade, com o medioambiente e a contaminación, a “turistificación” e o despoboamento no rural. Estes temas son as grandes bases sobre as que se asentará a revista satírica “Muxía hoxe e pasadomañá”, un proxecto realizado pola asociación xuvenil Comarea, en colaboración con veciños do municipio, e que foi seleccionado na convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

Fotografías do municipio, pasatempos, tests, entrevistas e varias opinións conformarán esta revista, que busca a voz da xuventude para fomentar a acción colectiva.

Aqueles que desexen participar neste proxecto poderán enviar os seus traballos ou ideas ata este domingo 4 de outubro a través do perfil de Instagram @muxiahoxe.