Nace «Muxía hoxe e pasadomañá», a nova revista satírica sobre o turismo e o despoboamento

Muxía hoxe e pasadomañá_IG @muxiahoxe

  • O proxecto foi seleccionado na convocatoria Iniciativa Xove, da Xunta de Galicia

A xuventude de Muxía segue traballando e reivindicando temas que están moi de actualidade, com o medioambiente e a contaminación, a «turistificación» e o despoboamento no rural. Estes temas son as grandes bases sobre as que se asentará a revista satírica «Muxía hoxe e pasadomañá», un proxecto realizado pola asociación xuvenil Comarea, en colaboración con veciños do municipio, e que foi seleccionado na convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

Fotografías do municipio, pasatempos, tests, entrevistas e varias opinións conformarán esta revista, que busca a voz da xuventude para fomentar a acción colectiva.

Aqueles que desexen participar neste proxecto poderán enviar os seus traballos ou ideas ata este domingo 4 de outubro a través do perfil de Instagram @muxiahoxe.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha