Nace o maior banco de España tras a fusión de Bankia e Caixabank

Reunidos este xoves os consellos de administración de CaixaBank e de Bankia aprobarona súa fusión. Da nova entidade desaparece calquera referencia a Bankia. Chamarase Caixabank e manterá a súa sede social en Valencia. Agora si, arrinca oficialmente o proceso para a creación formal da nova entidade, que podería quedar resolto para finais de ano. Cando termine, o Estado daría un paso máis cara á privatización da entidade madrileña, da que posúe un 61,8% a través do Frob (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria) desde o rescate de 2012.