Nace o parque científico e tecnolóxico da Costa da Morte

O Concello de Zas vén de poñer en marcha oficialmente o proceso administrativo, a licitación da redacción do plan parcial, para crear o primeiro e único parque industrial desenvolvido por un concello na provincia da Coruña, que se situará na parroquia de Lamas. Terá unha superficie próxima aos 400.000 metros cadrados e será un parque empresarial de carácter científico e tecnolóxico, aínda que tamén acollerá outros sectores industriais que desexen instalarse. O proxecto contará con financiamento propio do Concello e figura como socio tecnolóxico e promotor a Universidade da Coruña, figura obrigatoria neste tipo de parques.

O emprazamento atópase entre a estrada que une Baio con Zas e o río Grande, xunto ao actual polígono do Allo e preto do futuro polígono privado de Os Muíños.

O Concello licitou por preto de 100.000 euros a redacción do plan parcial, que deberá completarse nun prazo de 12 meses, en tres anualidades, e que require diversos informes sectoriais da Xunta antes da aprobación definitiva. A expropiación será o sistema urbanístico de desenvolvemento.

Unha das características definitorias deste parque é a construcción dun edificio que albergará as instalacións adicadas a investigación e ao goberno do propio parque.

Ampliar noticia aquí

Related posts

Carballo | A programación de Apego arrinca coincidindo coa Semana da Mobilidade

O PSOE de Coristanco propón ceder terreos para crear unha base de bombeiros forestais no municipio 

Vimianzo dálle unha activa benvida ao curso escolar 2025-2026