Nace un novo proxecto deportivo | O Club Xuventude Laracha

Ricardo, Pedro, Julio, Antonio, Azucena, Luciano e Pablo_Cedida.

O pasado 26 de febreiro realizou a súa presentación nas redes sociais o Club Xuventude Laracha, entidade que se creou o 9 de febreiro e que competirá a próxima tempada 24-25 en 3º Rexional de balompé. Sete persoas forman a súa xunta directiva, presidida por Julio Álvarez Ríos.
Con él están José Ricardo Cotelo Vilanova, vicepresidente; Pablo Corral Rodríguez, secretario; Pedro Rey Canedo, tesoureiro, e os vocais: Azucena Mariña Viñán, Luciano Gómez Esmorís e Antonio Franco Gómez.
Os primeiros comentarios da rectora son: «Só podemos dicir que traballaremos con toda ilusión e humildade para poder ofrecer un proxecto atractivo para todos os rapaces e rapazas do Concello da Laracha, para que sexan a pedra angular do clube».
Tamén se acordan: » Queremos agradecer a todas as empresas que nos están recibindo e apoiando en todo canto poden e a todas as persoas que se están interesando polo proxecto».
Conclúen os rectores do novo equipo de fútbol: «Sodes todos benvidos a formar parte desta familia Club Xuventude Laracha.
Iremos compartindo máis información a medida que pasen os días. Grazas por compartir esta ilusión connosco».
Este novo equipo xogará no campo municipal de A Laracha, a súa pretensión é crear equipos en todas as categorías.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha